...Datos Asociación

Tes que introduci-los datos da túa Asociación. É moi importante introducir todolos datos correctamente xa que o programa utilízaos para realizar diferentes funcións: cobros por soporte magnético, pagos por transferencia, etc.

No Campo Logo puedes introduci-lo logo da túa asociación, o cal aparecerá nas cartas e informes. O tamaño reservado para o logo é de 17cm de largo por 5cm de alto.

A imaxe se introduce cos botóns (+) y (-). Se non incorporas ningunha imaxe, na parte superior do papel aparecerá un espacio en branco.

Antes de introduci-la imaxe tela que crear cun programa de debuxo tipo PhotoShop ou CorelDraw e a tes que colocar na carpeta Logo que está no interior da carpeta de Socius.

Unha vez colocada a imaxe na carpeta podes abri-lo programa Socius. Dende Datos Asociación pulsa o botón (+) eaparece un menú de diálogo onde che pide o nome da imaxe. Neste apartado tes que escribi-lo nome da imaxe que creaches (por exemplo: logo.bmp, logo.jpg, logo.pic). É importante coloca-la terminación do ficheiro detrás do nombre da imaxe (.bmp, .jpg, .pic,).

Socius admite os seguentes formatos de ficheiros de imaxe: JPG, GIF, BMP, PICT, WMF. Proba coa imaxe en diferentes formatos y utiliza a máis axeitada.

...