...Cobros Bancarios

Podemos realiza-los Cobros de dous xeitos:

Selección Manual

Para seleccionar manualmente realizámolo pulsando sobre cada liña de socios. Coa tecla Comando + Clic (Macintosh) ou Control + Clic (Windows) podemos selecciona-las fichas que desexamos. Desta maneira podemos crear cobros dun ou varios Socios.

Cando pulsamo-lo botón aparécenos unha pantalla que nos permite seleccionar varias opcións:

Imprimir Listado. Imprime un listado cos socios seleccionados manualmente cos seus datos bancarios. Se estes socios non realizan o pago por Domiciliación Bancaria non aparecerán no listado. Este listado utilízase para entregalo ó banco e poder cobra-las cotas.

Soporte Magnético C-19. Esta opción crea varios ficheiros:

  • Selección Manual: Adeudos.TXT
  • Pago Mensual: Adeudo_M.TXT
  • Pago Trimestral: Adeudo_T.TXT
  • Pago Semestral: Adeudo_S.TXT
  • Pago Anual: Adeudo_A.TXT
  • Pago Único: Adeudo_U.TXT

O Sufixo é un número de tres cifras comprendido entre o 000 e o 999. Este número utilízase para realiza-los cobros por soporte magnético C-19 e é suministrado pola entidade bancaria. O Sufixo introdúcese no apartado de Bancos de Datos Asociados. Se o campo Sufixo está valeiro, Socius emprega o número 000. O número 000 é usado pola maioría das entidades bancarias.

Estes ficheiros gárdanse nun disquete ou CD-Rom e entréganse ó banco para cobra-la cotas dos Socios.

Socius elabora este ficheiro siguindo as normas do Caderno 19. Este Caderno foi elaborado polas Entidades Financeiras Españolas a través das súas respectivas asociacións, Asociación Española da Banca, Confederación Española de Caixas de Aforro e Unión Nacional de Cooperativas de Crédito. É, polo tanto, un procedemento normalizado.

O Disquette ou CD-Rom ten que ir acompañado dunha Etiqueta Adhesiva contendo: o nome do Cliente Presentador e a Entidade Receptora.

Imprimir Comprobante. Esta opción permite imprimir un comprobante do ficheiro C-19. No comprobante aparecen os datos bancarios dos socios, o importe e o total da remesa.

Banco ou Caixa. Neste apartado temos que indicar a que conta queremos realiza-lo ingreso.

Para que Socius poida confeccionar este ficheiro é moi importante que en Datos Asociación teñamos correctamente cubertos os campos do Nome da Asociación, o Nif e unha Conta Bancaria. E que na ficha do socio teñamos un Nª de Socio único (vixiar que non existan dous socios co mesmo número) e os seus datos bancarios sexan correctos.

Opcións

Na pestana de opcións podemos seleccionar os datos do concepto e do importe dos pagos:

  • Concepto e importe automático. Utiliza os datos dos rexistros do programa Socius.
  • Concepto e importe manual. Utiliza os datos que introducimos manualmente na ventá de Cobros Bancarios.
  • Concepto Pago normal. Utiliza os datos do campo concepto do rexistro do socio.
  • Concepto pago Extra. Utiliza os datos do campo concepto sito no apartado de Pagos Extra do rexistro do Socio.
  • Importe Normal + Deudas. Utiliza os datos do campo Importe do rexistro do Socio. O resultado da cantidade a cobrar é a suma do campo Importe e do campo ¿Canto debe?.
  • Importe Pago Extra. Utiliza os datos do campo Importe sito no apartado de Pagos Extra do rexistro do Socio

Selección por Búsqueda

Se non temos seleccionada ningunha liña manualmente, cando pulsamo-lo botón de Cobros Bancarios aparécenos unha pantalla que nos ofrece a posibilidade de busca-las fichas polos diferentes tipos de pagos: Mensual, Trimestal, Semestral, Anual, etc...

E na mesma pantalla aparecen as mesmas opcións comentadas anteriormente: Imprimir Listado, Soporte Magnético C-19 e Banco o Caixa.

...